Por primeira vez desde os inicios da alerta sanitaria os hospitais galegos non comunican novas mortes

(Europa Press / Claudio Furlan)

Por primeira vez desde os primeiros días após a declaración da alerta sanitaria, os hospitais galegos non comunicaron esta cuarta feira á Consellería de Sanidade ningunha nova vítima mortal con COVID-19 na Galiza, co que a cifra oficial de falecidos mantense nos 547 rexistrados ás 21,30 horas da terza feira.

O mesmo ocorre coas vítimas mortais en residencias de maiores, que se informan unha vez ao día. Na comunicación desta cuarta non se informou de novos falecementos.

Este sería, así, o primeiro día no que os hospitais galegos non comunican novos mortos desde que se iniciase a emerxencia sanitaria pola pandemia de coronavirus, a mediados do mes de marzo.

A primeira vítima mortal deste virus rexistrouse na Galiza o pasado 14 de marzo, cando faleceu unha muller de 92 anos que se atopaba ingresada no Hospital Povisa de Vigo. Nesa mesma xornada producíase tamén a morte dun home de 81 anos ingresado en Pontevedra e que deu positivo na proba de COVID-19.

Segundo os últimos datos oficiais, son 419 as persoas diagnosticadas con COVID-19 que morreron en atención hospitalariana Galiza.