Núñez Feixoo compareceu na tarde desta sexta feira e após o Consello da Xunta extraordinario para informar de que declaraba a emerxencia sanitaria na Galiza e que se activaba un plan territorial de emerxencias, con el como mando, e con competencias para ditar medidas que poidan afectar a dereitos dos cidadáns dentro do que limite a lei. Desde confinamento a evacuación ou control de accesos, especificou Feixoo na súa intervención, feita en español.
O presidente desvelou as primeiras medidas aprobadas polo Goberno galego e que terán unha duración inicial de 14 días a partir das 00:00 horas: feche de bares, restaurantes e cafeterías para atender ao público se ben si que poderán manter o envío a domicilio ou a recollida de pedidos por clientes (mais sempre cumprindo uns requisitos). Esta medida non afecta, dixo, nin a establecementos hostaleiros nin a restauración ligada aos mesmos sempre que sexa para dar servizos a clientes.
Tamén fechan os comercios agás minoristas de produtos de primeira necesidade, de panaderías a peixerías, carnicerías. Froterías, pasando por quioscos e gasolineiras.
No que atinxe a grandes superficies, Núñez Feixoo dixo que só poderá estar aberto aqueles espazos ligados á alimentación e apuntou o feche de salas de concerto, discotecas, pubs, furanchos.
Tamén falou o presidente de que se fixaban condicións para os funerais: aforo máximo de un terzo do tanatorio e o cortexo de acompañamento fúnebre non pode superar as 25 persoas.
Feixoo explicou que a adopción destas medidas, que poden ter novos anuncios nestes días, adoptáronse en base á información agecada por expertos, nas recomendacións de organismos internacionais ("piden medidas máis drásticas") e no marco da "folla de ruta" do Goberno español.
A trespecto do mantemento ou adiamento das eleccións do 5-A, o presidente manifestou que "non hai ningún galego preocupado polas eleccións" e remitiu á xuntana que esta segunda feira manterá cos representanets dos diferentes partidos.
"Distanciamento social"·
Feixoo falou de "distanciamento social" e mandou unha mensaxe: "as persoas que veñen doutras comunidades non poden vir a Galiza a pasar uns días, a ir de bares e restaurantes". E, dixo, "con cariño: que fiquen nas súas casas" para evitar "estender o virus".