A Primaria amósase “insubmisa” para deixar de pedir PCR a contactos estreitos

Realización dunha proba PCR no concello de Abegondo. (Foto: Europa Press)

As e os facultativos consideran que esta decisión é “nefasta” e pensan que a estratexia o único que busca é “reducir o número de PCR a realizar”.

Un grupo de doutoras e doutores da Atención Primaria veñen de comunicar a súa “insubmisión” á orde da Consellaría de Sanidade pola que lles pediu que “non soliciten PCR aos contactos estreitos”.

A Xunta pediu ás facultativas que remitan estas persoas á Central de Seguimento de Contactos, mais sosteñen que dese xeito “ninguén as fai”. Esa situación foi confirmada a Nós Diario tamén por algúns particulares que chamaron para advertir da súa situación ao CSC e atopáronse con nulo interese.

O voceiro da Asociación Galega de Medicamento Familiar e Comunitario (Agamfec), Jesús Sueiro, que traballa nun ambulatorio compostelán recoñeceu que "sorprende" esta directriz "cando non se están facendo as cousas ben" por parte do CSC. "Se non se fai, non vou deixar de pedir a PCR", argumentou o doutor.

"Se non hai constancia de que se fai (a PCR) non o imos a deixar así", incidiu lembrando que hai que "facer o traballo ben feito".

O argumento do departamento que dirixe Julio García Comesaña é que, se as facultativas de familia deixan de solicitar as probas, vanse “evitar duplicidades”. No entanto, Sueiro afirma saber de casos de contactos estreitos de positivos que non recibiron ningunha chamada.

Desde o punto de vista do vicepresidente do Colexio de Médicos de Pontevedra e persoal da Primaria na área sanitaria de Vigo, Manuel Rodríguez Piñeiro, hai a sospeita de que esta decisión busca "reducir o número de PCR a realizar".

Atrasar a estratexia de control

Aliás criticar que a Central de Seguimento opera "sen controlar a xente", incidiu en que se "van facer menos PCR". Para o colectivo, a opción que elixiu Sanidade é “nefasta”

"Se tes un sistema que mal que ben vai funcionando, se agora o inutilizas e o pór a funcionar con sistemas de moi dubidosa calidade, vai a enlentecer toda a actividade", resume Rodríguez Piñeiro.

"No caso de que o paciente xa estea en seguimento pola CSC, e se atope en 10 día tras a exposición cun caso positivo, e detectedes que non ten solicitada PCR do 10 día, remitiredes mail desde o buzón de correos do centro de saúde", recolle a orde recollida na carta que se enviou á Atención Primaria.

Desde a Consellaría de Sanidade aclararon a Europa Press que co fin de "aumentar a capacidade de detección dos casos Covid en Atención Primaria como primeira liña de vixilancia e control da pandemia" en Galicia e "evitar duplicidades e interferencias entre os diferentes actores que xogan un papel primordial nesta fase da epidemia.