O presunto xihadista detido en Ribadumia ingresa en prisión por "radicalizar" a terceiros
O presunto xihadista detido esta terza feira, 24 de febreiro, en Ribadumia (O Salnés) ingresou en prisión. O xulgado tomou esta decisión despois de que fose detido pola súa presunta participación nos delitos de enaltecemento, autopacitación e adoctrinamiento activo a terceiros. Segundo avanzaron os axentes, realizaba actividades a favor do Dáesh, entre as que difundía "de forma sistemática e continuada" a través das redes sociais un gran número de publicacións que, segundo a investigación da Policía Nacional, utilizaba para a "radicalización e adoctrinamiento" de terceiros.
A información ampliada este sábado, 28 de febreiro, revelou que estas actividades sucedían no seo dun "amplo armazón xihadistal virtual" e "baixo estritas medidas de seguridade". Deste xeito, co contacto e envío do material, o detido exteriorizada a súa adhesión ao Estado Islámico. Tamén manifestou a terceiras persoas o seu "desexo" de desprazarse a zona de dominio do Dáesh para "unirse ás súas filas e capacitarse no uso e manexo de armas para combater".
A Policía asegurou que o consumo prolongado de material terrorista por parte do detido, orientado á capacitación para a comisión de atentados, supoñía un "alto risco" para a Seguridade Nacional. Todo iso levou á súa detención.