A presenza de carabelas portuguesas fecha ao baño as praias da Coruña
29 de agosto de 2023 (15:13 h.)
O veto afecta os areais de Riazor, Orzán e Matadoiro.
A área de Seguridade Cidadá do Concello da Coruña prohibiu o baño nos areais de Riazor, Orzán e Matadoiro, na cidade da Coruña.
A presenza de carabelas portuguesas na auga obrigou a mudar a cor das bandeiras que ondean nestas tres praias.
Até novo aviso loce o vermello, polo que se veta a entrada á auga dos bañistas.
Os equipos de salvamento e socorrismo dos tres areais afectados guiarán os visitantes. Neste sentido, o Concello da Coruña pide á cidadanía respectar as súas indicacións para evitar picaduras que poden chegar a ser moi molestas.