Preséntase Irmandade Galega Universitaria, a asociación “do estudantado galeguista”

Declárase herdeira do galeguismo histórico.

Irmandade Galega Universitaria (IGU) é unha nova asociación que nace no mapa estudantil galego. Presentouse na facultado de Ciencias Políticas da USC nun acto no que estivo presente o profesor Xosé Luís Barreiro Rivas. Manuel Martínez, presidente de IGU, definiuna como "organización estudantil herdeira do galeguismo histórico e do nacionalismo das Irmandades da Fala e a Xeración Nós".

 

A nova organización aposta en "centrar" o debate político e académica e sitúa o galeguismo como "¡o mellor antídoto contra os extremismos alleos".