O prazo para solicitar praza nas escolas infantís da Xunta acaba esta cuarta feira

Crianzas pasean por Compostela (Foto: Ana Varela).
En total, ofértanse 10.500 prazas de 0 a 3 anos na súa rede de centros públicos para o próximo curso 2023-2024.

As familias interesadas en solicitar praza nas escolas infantís da Xunta teñen de prazo para facelo até esta cuarta feira, 5 de abril.

En total, ofértanse 10.500 prazas de 0 a 3 anos na súa rede de centros públicos para o próximo curso 2023-2024.

Segundo lembrou a Consellaría de Política Social e Xuventude, as peticións de praza cursaranse, preferentemente, por vía telemática a través da sede electrónica da Administración galega, aínda que opcionalmente poderanse presentar de maneira presencial por rexistro.

Matrícula

Unha vez que se avalíen as solicitudes e se resolvan as alegacións, a lista definitiva de crianzas admitidas sairá publicada o 31 de maio e o período de formalización de matrícula para os nenos que foren admitidos será do 1 ao 14 de xuño.