BEATRIZ FIGUEROA, AUTORA DUNHA PROPOSTA CON MEDIO MILLóN DE SINATURAS

“O PP négase a ver que as persoas enfermas de cancro están desprotexidas pola lei”

A viguesa Beatriz Figueroa volvía ao Congreso dos Deputados para pedir maior protección social e laboral para as persoas enfermas de cancro. Pero a proposición de lei non foi admitida a trámite.

 

A viguesa Beatriz Figueroa volvía ao Congreso dos Deputados para pedir maior protección social e laboral para as persoas enfermas de cancro. Pero a proposición de lei, que presentou o BNG, non foi admitida a trámite, igual que ocorrera en febreiro cando tentou lanzar unha iniciativa lexislativa popular. Nin medio millón de sinaturas, recollidas durante 18 meses de batalla en solitario, foron suficientes contra a maioría absoluta do Partido Popular.

Tiñas esperanza de que esta vez fose admitida?

Esperanza sempre tes, pero con cautela. A última palabra a tiña o PP que non ten demostrado especial sensibilidade polas persoas enfermas de cancro, nin por outras persoas enfermas, nin polas desempregadas, nin os dependentes… Foi un logro conseguir que toda a oposición apoiase a proposta e, de feito, se a tomasen en consideración podería ter sido perfilada na fase de emendas. Pero xa na comisión previa deixaron ver as súas cartas.

Que argumentan para rexeitar o cambio da lei?

Que o sistema que temos actualmente é solidario, que ampara a todas as persoas enfermas, que sempre se valora a capacidade laboral e que os equipos de valoración son moi fiables. Pero iso é literatura barata, porque só hai que ver o meu caso, que é o de moitas persoas. Eles negan que exista unha situación de indefensión dos enfermos de cancro. Din que en caso de discrepancia, que denunciemos nos xulgados do Social, pero ese non é o lugar para valorar estas cuestións.


A entrevista completa podes lela no nº117 do Sermos Galiza