sábado 27/11/21

Un positivo en Covid: “Aquí rastrexador non chama ningún e sigo pendente da PCR que fixen na farmacia na segunda feira”

David, de 35 anos, é un dos máis de 15.000 casos activos de Covid-19. Desde o domingo, permanece en corentena na súa vivenda, en Vigo. Narra, para Nós Diario, o “caos” do sistema, pois “non se está a cumprir o protocolo”. “Aquí non chamou rastrexador ningún e sigo a esperar polo resultado da PCR de saliva que fixen na farmacia a pasada segunda feira”, advirte.

Test de antíxenos positivo (Imaxe: Nós Diario)
Test de antíxenos positivo (Imaxe: Nós Diario)
Un positivo en Covid: “Aquí rastrexador non chama ningún e sigo pendente da PCR que...
comentarios