Un coche impacta contra unha marquesiña en Vigo e deixa, polo menos, catro feridos

A viguesa avenida da Florida (foto: Google Maps).
Segundo as primeiras informacións que recibiu o 112 Galiza a través das chamadas de varios particulares, unhas tres persoas serían atropeladas, resultando tamén ferido o condutor do vehículo.

Polo menos catro persoas resultaron feridas esta cuarta feira en Vigo despois de que un coche impactase contra unha marquesiña de autobús.

Segundo as primeiras informacións que recibiu o 112 Galiza a través das chamadas de varios particulares, unhas tres persoas serían atropeladas, resultando tamén ferido o condutor do vehículo.

Os feitos ocorreron sobre as 13.40 horas na Avenida da Florida con Ponte da Veiga. Os servizos de emerxencias deron aviso aos bombeiros, a urxencias sanitarias e á Policía Local.