Concentracións en sinal de repulsa en máis de 70 vilas

A Policía estuda "todas as vías" para esclarecer o crime de Samuel Luiz

Malia que aínda non se produciron detencións, a Policía xa tomou declaración a sete persoas como presuntas autoras da malleira que acabou coa vida de Samuel. Dúas amigas que presenciaron a escena aseguran ter escoitado como lle berraban "maricón de merda" mentres o golpeaban, sen posibilidade de se defender da agresión.
Amizades de Samuel Luiz no decorrer da concentración na Coruña. (Foto: M.Dylan / Europa Press).
photo_camera Amizades de Samuel no decorrer da concentración na Coruña. (Foto: M.Dylan / Europa Press)
Comentarios