VÍDEO NO INTERIOR

A polas 3.000 subscricións!

Comeza a segunda fase de promoción de Sermos O Diario Galego, que se prolongará até finais de xullo. Vídeo no interior.

Con xullo iníciase unha nova etapa de promoción do proxecto Sermos O Diario Galego, co lanzamento dun spot que se divulgará nas redes sociais e coas últimas presentacións, que se realizarán en diversos puntos do territorio até o Día da Patria Galega.

 

A primeira etapa rematou a finais de xuño, con máis de 40 presentacións e máis de mil persoas asistentes. É a conta atrás para acadar un mínimo de 3.000 persoas que se comprometan a se faceren asinantes e que fagan viábel economicamente o diario. Até 2019 non hai que aboar nada. Pagarase, de lograrmos as 3.000 subscricións, o ano que vén, cando se poña en marcha o xornal.

 

Novo sorteo

 

Nesta segunda etapa, que finalizará o 25 de xullo en Compostela, no marco do Festigal, volveremos sortear unha fin de semana nun estabelecemento rural. Desta volta, en Casa Lourán, en Monfero. Trátase dun sorteo destinado a aquelas persoas que se subscriban entre o 1 e o 31 de xullo. Presentaranse as bases nos próximos días na web www.odiariogalego.gal

 

Os primeiros actos desta segunda etapa serán o desta quinta feira en Salceda de Caselas (19:30 horas, Casa da Cultura) e o deste sábado en Carnota (20:00 horas, salón de plenos). O 10 de xuño é a quenda de Teo (21:00 horas, Casa común de Cacheiras); o 13 do Porriño (a partir das 21:00 horas na Sala Ingrávida) e o 14 na Laracha (20:00, local AA.VV O Campo da Festa de Paiosaco].