O Sergas retoma o plan de igualdade que a lei obrigou a desenvolver hai 13 anos

O Servizo Galego de Saúde é unha empresa na que as mulleres representan case 80% do persoal. Se ben os sindicatos advirten que é pronto para sacar conclusións dos datos que veñen de recibir, apuntan a unha "segregación vertical" das mulleres dos postos de maior responsabilidade, das dificultades para conciliar ou da eventualidade e da temporalidade das traballadoras.
enfermeirasenloita
photo_camera Imaxe do colectivo Enfermeiras en loita. (Foto: Cedida)