Perto de 200 voluntarios retiran 2 toneladas de lixo de praias e lagoas

Na V edición da limpeza simultánea organizada por Adega.

Un total de 189 persoas tomaron parte esta fin de semana na limpeza de lagoas e praias organizada por Adega e na que se procedeu a retirar máis de 2 toneladas de lixo e residuos destes espazos. Desde plásticos e cordas de todo tipo, até aparellos de pesca, caixas, botellas, tapóns, e ata a roda dun tractor, foron retiradas polos voluntarios. Na actividade participaron alumnos de dous colexios e de varias entidades.

Nesta edición limparonse 7 puntos diferentes da xeografía galega: Lagoa da Traba (Laxe), a lagoa de Baldaio (Carballo), a lagoa da Frouxeira (Valdoviño), a lagoa de Doniños (Ferrol) e a lagoa de Louro (Muros). Ademáas realizouse a limpeza da Xunqueira do Lagares e a praia de Samil en Vigo, así como da praia da Langosteira en Fisterra.

Adega lembrab que o lixo mariño é unha das maiores problemáticas ambientais do planeta, provocando graves consecuencias sobre os ecosistemas mariños, así como numerosas mortes de aves mariñas, mamíferos e tartarugas.