Seis persoas investigadas por vandalizar trens en Oza e Catoira

Un dos trens vandalizados. (Foto: europa Press).

Xulgados de instrución de Betanzos e Vilagarcía recibiron as dilixencias abertas para o esclarecementos dos feitos, ocorridos a finais do ano pasado.

A Garda Civil investigou seis persoas polos actos vandálicos realizados en trens de Renfe nas estacións de Oza dos Ríos e Catoira no marco da Operación Montet do Grupo de Información da Comandancia da Garda Civil da Coruña.

Os feitos remóntanse varios meses atrás. O 9 de setembro de 2022, un grupo de persoas accederon á plataforma da estación de Oza dos Ríos aproveitando a parada que efectuaba o tren de media distancia.

Unha das persoas accionou o freo de emerxencia do convoi mentres outras dúas colocaban uns troncos na vía sobre as vías a modo de obstáculo para impedir o avance do tren. Nese momento, outras dúas persoas do grupo aproveitaron para pintar varias unidades do convoi.

Pintadas en Catoira

O día 3 de decembro do no pasado, na estación de tren de Catoira, un grupo de persoas, co mesmo modus operandi, vandalizaron con pinturao lateral doutro tren, con mensaxes de "xustiza" que facían alusión ao accidente do Alvia, en Angrois, no ano 2013.

Para logralo, enfrontáronse violentamente aos vixiantes de seguridade que custodiaban o convoi aproveitándose da súa superioridade numérica.

Os agresores asperxeron con spray de pintura os vixiantes de seguridade, golpeando gravemente un deles, á vez que proferían intimidacións e ameazas.

A Garda Civil iniciou unha investigación coa finalidade de identificar os participantes e o esclarecemento dos feitos xa que durante os anos 2021 e 2022 os danos ocasionados por grafitis a trens, só na Coruña superan os 200.000 euros.

Dilixencias

Froito desas investigacións, a Garda Civil investigou catro persoas en referencia aos feitos acontecidos na localidade de Oza dos Ríos e outras dúas polos ocorridos en Catoira, pendente a toma de declaración a dunha delas por atoparse fóra nestes momentos.

As dilixencias instruídas foron remitidas ao Xulgado de Instrución número 4 de Betanzos e ao Xulgado de Instrución número 2 de Vilagarcía.