Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
O Tribunal Supremo citou a unha vista á asociación Plataforma Vítimas Alvia 04155, que representa a afectados o accidente ferroviario ocorrido en Angrois (Santiago) en xullo de 2013, en relación co recurso que interpuxo para que haxa unha investigación independente sobre o sinistro, que ocasionou 80 mortes e deixou a máis dun centenar de feridos. A vista pública está fixada para este 21 de novembro ás 10 horas. O xuízo por estes feitos quedou visto para sentenza a finais do pasado mes de xullo, con dous procesados, o maquinista e un ex xefe de seguridade da empresa pública Adif, aos que está por ver se a maxistrada finalmente atribúelles responsabilidades penais (80 homicidios e 145 delitos de lesións por imprudencia profesional grave).
O xuízo do caso Alvia fica listo para sentenza tras desenvolverse esta quinta feira a súa última vista na Cidade da Cultura de Compostela. Á espera da resolución xudicial, as vítimas cargan contra a Fiscalía e o Goberno do Estado e, á vez, reclaman xustiza.
A instancias do BNG, o Parlamento Europeo acollerá unha conferencia sobre seguridade ferroviaria.
Cualifica de "axeitada" a decisión de retirar a acusación ao antigo director de seguridade de Adif
O xuízo do accidente do Alvia de xullo de 2013 en Angrois (Compostela) deu esta terza feira un xiro de 180 graos ao considerar o fiscal que non observa infracción na actuación do ex responsábel de Seguridade do Adif, Andrés Cortabitarte. A nova posición foi criticada polas vítimas, que aluden a unha manobra do Estado.
O portavoz da asociación de vítimas acusa o Ministerio Público de ser "obediente" e confía en que a xuíza si sexa "independente"