O persoal de Urxencias do CHUS vota por manter a folga

urxencias CHUS protesta

Na votación houbo 72 votos en contra e 64 a favor da última proposta da xerencia.

As Urxencias do CHUS manterán a folga, unha greve que levan protagonizando desde hai semanas na demanda de máis persoal e medios para este servizo do complexo hospitalario compostelán. No voto en urna que se realizou esta terza feira houbo 72 votos en contra e 64 a favor da última proposta da xerencia sanitaria compostelá. A participación foi de 67% do persoal.

 

Para o comité de greve, o último documento presentado pola xerencia  (con 11 enfermeiras, 11 auxiliares e dous médicos máis) era un avance con respecto á anterior exposta en decembro, mais non cobrían as súas reivindicacións.