A mobilización deu comezo na estación de tren da cidade, con parada no Parlamento de Galiza. Caras coñecidas da política como os deputados Xosé L. Rivas Mini ou Paula Quinteiro daban o seu apoio aos operarios.
“Levamos tres anos sen convenio e a patronal non quere sentar a asinar un convenio, co cal a precariedade do sector cada vez vai a máis. Iso afecta tanto a traballadores como a usuarios. As ambulancias non cumpren as condicións que hai que cumprir e os obreiros están pasados de horas. Todo isto lévanos á rúa”, afirma a Sermos Galiza Benigno Fajardo, delegado da CIG.
Os traballadores e traballadoras deste sector acumulan meses de mobilizacións demandando un convenio que lles permita recuperar dereitos e salarios.