Peche de aulas e supresión de profesorado no mínimo nunha trintena de colexios

Manifestación en contra da unificación dos colexios de Baamonde e de Begonte, no mes de decembro. (Foto: Nós Diario)

CIG-Ensino acusa a Consellaría de “premer o acelerador para pechar aulas e colexios neste mes de xullo”.

Após o ‘impasse’ do curso 2020/21,  marcado pola pandemia, volven os peches de aulas e supresión de profesorado nos centros de ensino galegos. Así o denuncia o principal sindicato no ensino da Galiza, CIG, que a través dun comunicado critica que se volva a esta dinámica de fechamentos, “ao mesmo nivel do que se facía até o curso 2028/19”.

“Neste mes de xullo saltan as alertas en moitos colexios de infantil e primaria”, afirman. Cos datos incompletos, prosegue, “e que sen dúbida irán moito máis alá cando a finais de mes se coñeza a foto fixa final do peche de aulas e de perda de docentes”, xa están confirmados peches de aulas e supresións de profesorado nun mínimo dunha trintena de centros.

 Tamén se pechan centros completos no rural, como é o caso do CEIP Baamonde (Begonte) e o do CEIP Pino de Val (Mazaricos) ou que se pretende agrupar a todo o alumnado de Primaria (17 alumnos e alumnas de 1º a 6º) no CEIP Areouta, no Sardiñeiro (Fisterra)

Son, segunda a información desta central, os de CEIP San Marcos (Abegondo), CEIP A Maía (Ames), EEI VIlarrodís (Arteixo), CEIP Praia Xardín (Boiro), CEIP Portofaro (Cambre), CEIP Sagrada Familia (A Coruña), CEIP Salgado Torres (A Coruña), CEIP Isaac Díaz Pardo (Culleredo), CEIP Recimil (Ferrol), CEIP Areouta (Fisterra), CPI Pontecarreira (Frades), CEIP O Coto (Negreira), CEIP A.D.R. Castelao (Ordes), CEIP Flavia (Padrón), CEIP Santa María (As Pontes), CEIP Serra de Outes (Outes), CEIP Deán Grande (Ribeira), CEIP Palmeira (Ribeira), CEIP A Igrexa-Calo (Teo), CEIP Princesa de España (Verín), CEIP Folla Respino (Vilamarín de Valdeorras), CEIP A Pedra (Bueu), EEI A Pastora (Cambados), CEIP Dr. Suárez (Fornelos de Montes), EEI N. Sra. do Carme (Marín), CEP Altamira (Salceda de Caselas), CEIP Nº 2 (Tui), CEIP Frián-Teis (Vigo)…

Rural

A isto, engaden, hai que acrecentar que tamén se pechan centros completos no rural, como é o caso do CEIP Baamonde (Begonte) e o do CEIP Pino de Val (Mazaricos) ou que se pretende agrupar a todo o alumnado de Primaria (17 alumnos e alumnas de 1º a 6º) no CEIP Areouta, no Sardiñeiro (Fisterra) até agora escolarizados en dúas aulas, “un auténtico despropósito desde todos os puntos de vista”. 

Cita a CIG o exemplo do colexio de Calo, en Teo,  “no que hai informes que indican que un 10% das crianzas teñen necesidades educativas de apoio específico”.E sí, pregúntase, se pode considerarse unha “decisión técnica”, arroupada en cifras e non na situación real das persoas e nos núcleos de poboación dos centros, pechar unha aula para agrupar alumnado “sen preocuparse das dificultades deste? Pode agruparse por motivos técnicos a nenas de 6 anos con nenos no último curso antes de acceder á ESO? Todo para “aforrar” ás veces 1 ou 2 docentes en cada centro”.