Pechan o túnel da Caniza ao detectar un can no seu interior
Varios cidadáns alertaron a Emerxencias de que había un can ceibo á saída do túnel do Folgoso.
O túnel da A-52 á altura da Caniza (A Paradanta) permaneceu pechado durante perto dunha hora na tarde desta cuarta feira debido á aparición dun can no seu interior.
Segundo fontes do 112 Galiza consultadas por Europa Press, os feitos producíronse sobre as 14 horas e foi a propia Garda Civil quen deu o aviso ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias.
Así, os axentes indicaron que varios cidadáns alertaran de que había un can ceibo á saída do túnel do Folgoso, na Caniza, na A-52 dirección Vigo.
Por iso, o servizo de mantemento da vía decidiu pechar dita infraestrutura para tratar de sacar ao animal do túnel. Finalmente, pouco despois das 15 horas, o túnel foi reaberto.