A partida da Xunta para o servizo de axuda no fogar non gusta aos concellos: "É insuficiente, seguimos sendo reféns"
O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alberto Varela, asegura que o incremento de "11 millóns de euros" que a Xunta destina ao Servizo de Axuda non Fogar (SAF) nos orzamentos para 2025 é "insuficiente".
Nun comunicado, Varela sinal que nun momento en que os custos do SAF se sitúan "por encima dos 20 euros por hora de servizo, de media", este incremento "parece insuficiente", tendo en conta que "a axuda conxunta da Xunta e do Ministerio de Dereitos Sociais agora está nos 12 euros/hora" e eses 11 millóns "non parece que poidan incrementar" a contía actual.
Neste sentido, o presidente da Fegamp ve crebadas "as expectativas creadas" nos concellos despois do anuncio de Rueda nunha reunión mantida en xuño, na que "anunciou ese incremento". Con todo, Varela reclama "o financiamiento completo do SAF de maneira conxunta entre a Xunta e o Ministerio". Por iso, ademais de solicitar unha reunión coa conselleira de Política Social, Fabiola García, Varela detallou que tamén reclamaron un encontro co ministro Pablo Bustinduy. "Pero aínda non temos resposta para poder manter esa reunión solicitada, excepto contactos con membros do seu gabinete", lamentou.
A gratuidade das escolas infantil obriga os concellos a cubrila maioritariamente con fondos propios
"Os concellos galegos non podemos seguir sendo reféns da Xunta e do Ministerio e seguir financiando o que tiñan que financiar eles ao 100%, polo que instamos a que cumpran a lei, a que cumpran coas persoas usuarias do SAF e a que cumpran cos concellos", reafirmou Varela.
Servizos sociais
Por outra parte, o presidente da Fegamp tamén criticou que o Plan Concertado de Prestacións Básicas de Servizos Sociais "non sobe un euro" nos orzamentos para o próximo ano. Así, apuntou que os concellos galegos "van ter que seguir asumindo 90% do custo, máis dun 30% por riba da media dos concellos do Estado español, segundo datos do Informe do Plan Concertado".
Ante esta situación, indicou que "sorprende" que a Consellaría "siga dotando da mesma cantidade que os anos anteriores a creación de novas prazas públicas de escolas infantís, unha cantidade de 33 millóns de euros".
Valera critica que a "gratuidade" das escolas infantil "obriga os concellos a cubrila maioritariamente con fondos propios". "Os orzamentos da Xunta para 2025 destinan a esa 'gratuidade' uns cinco millóns de euros para os concellos con escolas infantís municipais", cando o seu custo se aproxima aos 30 millóns de euros, afirma. Pola contra, "para as escolas infantís privadas, a contía destinada pola Xunta é de 45 millóns de euros" reprochou o presidente da Fegamp.