A parroquia de Corvillón, en Cambados, rexistra dous incendios en dúas noites consecutivas

Un dos incendios de Corvillón, en Cambados (Foto: Emerxencias Cambados).
O último fogo comezou ás 00.12 horas e quedou extinguido ás 1-43 horas e foi un conato pequeno de 0,03 hectáreas de arboredo.

A parroquia de Corvillón, en Cambados (comarca do Salnés), rexistrou durante a madrugada do sábado ao domingo un novo incendio, o segundo en dúas noites consecutivas.

O fogo comezou ás 00.12 horas e quedou extinguido ás 1.43 horas e foi un conato pequeno de 0,03 hectáreas de arboredo.

Até o lugar desprazouse un axente, unha brigada e dúas motobombas.

O outro fogo

Con todo, na madrugada da sexta feira ao sábado tamén se produciu un incendio na mesma parroquia que afectou 0-48 hectáreas de arboredo e que quedou extinguido ás 03.25 horas da madrugada do sábado.