O paro na CRTVG mantén na fin de semana o alto seguemento: 70%

En seccións como deportes o paro foi "pleno" na quenda de mañá. Os paros parciais continúan para a semana.

Terceira xornada de paros parciais no marco da greve convocada na CRTVG e primeira para o persoal de fin de semana. Segundo o comité intercentros, o seguimento continúa a ser alto, de 70% e en seccións como deportes houbo "pleno".


 

26, 28 e 30 deste mes, e tamén o 2 de decembro, volver haber paros de 2 horas por quenda, afectando todas as quendas. Xa en decembro, a protesta ampliarase á folga de 24 horas, que será convocada a cuarta feira 19 de decembro, xornada na que se realizará unha manifestación cuxo percorrido e horario está aínda por determinar. O sábado desa mesma semana, 22 de decembro, día da lotería estatal, as traballadoras que prestan servizos na quenda de fin de semana tamén estarán convocadas a parar (na proporcionalidade horaria dunha xornada de greve de 24 horas que lle corresponde a esta quenda especial).

 

A táboa de reivindicacións e motivos desta folga abranxe diferentes cuestións. Así, hai demandas centradas na recuperación da produción propia interna e na supresión da externalización da produción e servizos. Outras das reivindicacións afondan máis no laboral, como as que atinxen a garantía de mantemento do emprego, a fin da utilización “fraudulenta” de bolseiras ou a negociación do cadro de persoal e mantimento do emprego.

 

A defensa da CRTVG como medio público e independente tamén é unha das demandas destes paros. Destarte, o persoal exixe a “fin da política represiva” ou a fin da “manipulación informativa”, ao tempo que se reclama a creación do consello de informativos e o estatuto profesional contemplados na Lei 9/ 2011.