O Parlamento galego recorda cun minuto de silencio as vítimas do 11-M
Os deputados e as deputadas de BNG, PP, PSdeG e Democracia Ourensá participaron esta cuarta feira no minuto de silencio en recordo das vítimas do atentado terrorista do 11 de marzo na estación de Atocha, en Madrid.
O Parlamento galego lembrou esta curta feira o atentado terrorista do 11 de marzo de 2004 nas inmediacións da estación de Atocha, en Madrid. Un atentado que deixou 193 falecidos e case 2.000 persoas feridas de diversa consideración, sendo o ataque terrorista con máis vítimas mortais en territorio europeo.
Todos os grupos do hemiciclo galego —BNG, PP, PSdeG e Democracia Ourensá (DO)— participaron esta cuarta feira no minuto de silencio en lembranza das vítimas, que se realizou a comezos do pleno parlamentario.
📺O Parlamento galego recorda cun minuto de silencio as vítimas do 11-Mhttps://t.co/Cc8N6TxFxy pic.twitter.com/b2TbDxxdJe
— Nós Diario (@NosDiario) March 11, 2026
Foi entre as 7.36 horas e as 7.40 cando se produciron dez explosións simultáneas en catro trens de Madrid, tres días antes dunhas decisivas eleccións estatais. O daquela ministro de Interior, Ángel Acebes, non dubidou en apuntar a ETA como responsábel.
Porén, meses máis tarde, o xuíz Juan del Olmo, encargado do caso, mudou o rumbo da investigación e apuntaou a organizacións xihadistas como responsábeis do atentando, en concreto a unha célula ligada a Al Qaida. Unha organización que reivindicara o atentado a mesma noite do 11-M.
