"Paremos o xenocidio": estas son as novas mobilizacións convocadas na Galiza en solidariedade con Palestina

Manifestación en Compostela en solidariedade con Palestina (Foto: Arxina).
BDS Galiza, Mar de Lumes, a Asociación Galaico Árabe Jenin e a Asociación Galiza por Palestina son as organizacións convocantes destas concentracións que se moblizarán baixo o lema “Paremos o xenocidio na Palestina”.

Os bombardeos e ataques das últimas xornadas de Israel conta a Faixa de Gaza que xa deixan millares de cidadáns palestinos falecidos e moitos máis feridos provocaron mobilizacións en todo o mundo.

Na Galiza, o pasado día 16 de outubro, até 16 concentracións por todo o país berraron en solidariedade co pobo palestino.

Agora, novamente volven convocarse mobilizacións en boa parte do país para o vindeiro domingo 22 de outubro ás 12 horas. As convocadas até o de agora son:

  • A Coruña (Obelisco)
  • Betanzos (Cantón Claudino Pita)
  • Burela (praza do Concello)
  • Compostela (praza Roxa)
  • Ferrol (praza do Concello)
  • Lugo (diante do Concello)
  • Monforte (praza de España)
  • Ourense (rúa do Paseo)
  • Pontevedra (praza da Peregrina)
  • Ribeira (praza do Concello)
  • Vigo (saída do cruce Vía Norte)
  • Vilagarcía (praza da Galiza)

BDS Galiza, Mar de Lumes, a Asociación Galaico Árabe Jenin e a Asociación Galiza por Palestina son as organizacións convocantes destas concentracións que se moblizarán baixo o lema “Paremos o xenocidio na Palestina”.

"A sociedade galega asiste con alarma e indignación aos crimes contra a humanidade en Gaza mentres aumentan a ocupación e ataques á poboación en Cisxordania. O pobo palestino debe ser libre para decidir o seu destino sen máis inxerencias colonialistas", aseguran.