Un paciente falece no PAC da Estrada sen atención médica

Neses momentos no centro non había ningún facultativo ao ter este que saír para atender unha urxencia.

Un estradense de 65 anos de idade, José Manuel B. B, faleceu esta fin de semana cando se atopaba no Pac da Estrada e sen poder recibir asistencia médica ao estar o único médico fóra do centro para atender unha urxencia. Esta persoa, de 65 anos de idade, morreu no PAC atragoado no seu propio vómito segundo recollen medios como Cadena Ser e La Voz citando familiares que se atopaban con el canda os feitos.

 

O sábado, día do suceso, no PAC da Estraba había un único facultativo para atender os doentes. O médico abandonara o centro para atender unha emerxencia, Cando volveu ao centro, José Manuel B.B. xa falecera. A familia non desbota emprender accións xudiciais contra o Sergas.