Operación contra o terrorismo jihadista en Barcelona e Igualada

Mossos d'Esquadra

Os Mossos d’Esquadra rexistraron seis vivendas dende primeira hora da mañá nun operativo co obxectivo de desmantelar unha rede de apoio jihadista establecida en Barcelona e Igualada.

 

Segundo informaron os Mossos, esta operación antiterrorista é o froito dunha longa investigación da Comisaría Xeral de Información do corpo, tutelada polo Xulgado Central número 6 da Audiencia Nacional.

 

A rede, supostamente, adicábase a roubar documentación a turistas de visita en Barcelona. Os pasaportes e documentos nacionais eran enviados ao exterior, onde eran falsificados e entregados ás células dispostas a cometer atentados.

 

Nestes momentos, segundo Europa Press, hai un detido na cidade de Igualada e as operacións continúan, posto que se esperan máis detencións.