Segundo informaron os Mossos, esta operación antiterrorista é o froito dunha longa investigación da Comisaría Xeral de Información do corpo, tutelada polo Xulgado Central número 6 da Audiencia Nacional.
A rede, supostamente, adicábase a roubar documentación a turistas de visita en Barcelona. Os pasaportes e documentos nacionais eran enviados ao exterior, onde eran falsificados e entregados ás células dispostas a cometer atentados.
Nestes momentos, segundo Europa Press, hai un detido na cidade de Igualada e as operacións continúan, posto que se esperan máis detencións.