Onde facer de balde unha proba de Covid na Galiza? Eis son os 24 puntos habilitados

Realización dun test de antíxenos en Vigo (Foto: Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press).
Estes son os 24 puntos nos que podes realizarte probas diagnósticas de balde e sen necesidade de cita previa.

Estamos inmersas nunha auténtica escalada de contaxios, como demostran as últimas cifras facilitadas polo Sergas, que falan de 2.518 novas infectadas en só 24 horas.

Este aumento nos casos -agora mesmo no país hai máis de 20.000 activos-, nun momento do ano intrínseco á interacción social e familiar, levou a que a cidadanía tivese que agardar máis de sete horas nunha cola para someterse a unha proba.

Para evitar esas escenas, provocadas non só pola demanda, senón por decidir habilitar os cribados sen contar con persoal suficiente para controlar o efecto chamada, e que debería ter anticipado ante o esgotamento dos tests de antíxenos nas farmacias, Sanidade decidiu actuar.

A Xunta vén de habilitar 24 espazos en toda Galiza para que a cidadanía poida realizar probas diagnósticas sen cita previa e de modo gratuíto -se ben agora si deixa reservados aeroportos e estacións de ferrocarril a persoas viaxeiras-, agardando que así se deixen de repetir as imaxes das enormes colas de Compostela. 

Os puntos son os seguintes:

Área sanitaria da Coruña-Cee

  • Covidauto do Ventorrillo
  • Hospital Virxe da Xunqueira
  • Aeroporto de Alvedro (só viaxeiras)
  • Estación de tren da Coruña (só viaxeiras)

Área sanitaria de Lugo-A Mariña-Monforte

  • Delegación Territorial de Sanidade en Lugo
  • Casa do Mar de Burela
  • Hospital de Monforte de Lemos

Área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco

  • Casa da Xuventude de Ourense
  • Hospital de Verín
  • Hospital do Barco de Valdeorras
  • Estación de tren de Ourense (só viaxeiras)

Área sanitaria de Pontevedra-O Salnés

  • Hospital Provincial de Pontevedra
  • Estación de tren de Pontevedra (só viaxeiras)
  • Sala de exposicións do Auditorio de Vilagarcía

Área sanitaria de Ferrol

  • Politécnica de Enxeñaría de Ferrol

Área sanitaria de Vigo

  • Explanada do Real Club Náutico
  • Estacións de tren de Vigo (só viaxeiras)
  • Aeroporto de Peinador (só viaxeiras)

Área sanitaria Compostela-O Barbanza

  • Hospital Clínico Universitario de Santiago
  • Auditorio Vidal Bolaño
  • Hospital do Barbanza
  • Estación de Tren de Santiago (só viaxeiras)
  • Aeroporto Rosalía de Castro (só viaxeiras)