O Observatorio Eólico ofrece un contrato tipo para un maior beneficio dos donos de terras rurais

Parque eólico do Sobredo no concello de Arbo (Imaxe: Observatorio Eólico da Galiza).
Con este documento, o observatorio procura reducir a asimetría nas negociacións entre as promotoras de parques e os donos de terreo con potencial eólico. Nas súas pescudas, os investigadores constataron que as compañías empregan "a posibilidade de expropiación das terras como unha forma de presión".

Tras anos de observación, análises e participación en procesos de desenvolvemento no rural, o Observatorio Eólico da Galiza (Oega) puxo en marcha un proxecto para ofrecer un contrato tipo aos propietarios de terras agrarias con aptitudes eólicas. Os documentos, presentados onte, ven a luz nunha segunda onda de implantación de parques de vento no país.

Logo de 10 anos nos que a instalación de parques eólicos non superaba a cifra de 9, en 2019 construíronse na Galiza un total de 25. A patronal eólica avanzou a intención das compañías de manter este ritmo de instalación na vindeira década. Ao tempo, xurdiron plataformas cidadás que exixen un maior poder de decisión da veciñanza afectada pola implantación de muíños. 

Mudanzas no mercado

"Cómpre interpretar a enerxía eólica nun territorio que ten compoñentes sociais, económicos, culturais, tecnolóxicos ou industriais. Que, por certo, é a perspectiva da Unión Europea", asegura Xavier Simón, responsábel do observatorio, durante a presentación do contrato tipo. 

A liberalización do mercado en 2017 supuxo un punto de inflexión coa entrada de fondos de especulación. Desde o observatorio sinalan a presenza na Galiza de empresas"moi responsábeis socialmente", que procuran unha solución que favoreza as comunidades rurais, mais tamén de promotoras "que buscan gañar moito diñeiro a curto prazo especulando con posíbeis parques".

Logo de traballar durante anos,  a entidade constatou que as negociacións das compañías cos propietarios dos terreos adoitan producirse en termos de asimetría. As primeiras contan con "moito coñecemento do mercado e moita información" mentres que as segundas adoecen da "pouca información e dos poucos recursos". Oega engade que "a posibilidade de expropiación das terras" polas promotoras é empregada "como unha forma de presión sobre os propietarios".

No proceso para deseñar o contrato tipo, o observatorio recolleu as achegas de asociacións de propietarios rurais. A maiores, contou coa participación dun doutor en Dereito e o apoio dun equipo de xuristas externo á Universidade de Vigo. En troques, a patronal agrupada na Asociación Eólica da Galiza non entrou a valoralo. "O seu silencio é percibido como unha aceptación implícita", explica Oega no seu portal.

Priorizar a veciñanza

Nel pódese acceder ao modelo de contrato para propietarios particulares e mais ao dirixido para comunidades veciñais de montes en man común. A proposta non inclúe a contía a pagar, mais o propio observatorio ofrécese a asesoralos sobre as rendas medias dos parques eólicos na actualidade.

Os documentos inclúen unha cláusula de produtividade, que aumenta a renda anual que perciben os propietarios por cada punto porcentual de incremento da produtividade sobre a media dos parques galegos. A maiores, as empresas deben comprometerse a manter os servizos gandeiros, agrarios ou forestais das terras nas que se asenten ou a primar a contratación da veciñanza cando as