O suceso da greve provoca o adiamento da aprobación da LOMCE

Fontes gobernamentais confirmaron á axencia pública Efe que a LOMCE non irá finalmente ao Consello de Ministros esta sexta feira.

 

A versión oficial é que a lei non será aprobada esta sexta feira polo Consello de Ministros porque a súa memoria económica ten aínda pendentes os últimos flocos. Obviamente esta non é a razón. En realidade, o Goberno español opta por gañar tempo e por distanciar a aprobación da lei da enorme mobilización social vivida hoxe en todo o Estado, e que foi especialmente significativa en Galiza, con manifestacións masivas lideradas polo sindicalismo nacionalista.

Fontes consultadas pola SER, en troca, informaron de que o Goberno estuda introducir algúns dos retoques que lle suxeriu o Consello de Estado e que explorará a vía de novos contactos cos grupos parlamentares no Congreso visando obter un maior respaldo político do tido até o de agora.

A intención do Goberno é enfriar o ambiente social e, en todo caso, facer algunha concesión menor. Non tocaría, en troca, os aspectos básicos da lei Wert. A imprensa direitista cualificou de fracaso a greve e respaldou as cifras de seguimento oferecidas polo Ministerio de Educación (que situou en apenas o 20 por cento a percentaxe de profesores e alun@s que aderiron a mobilización).