Ensino

O Goberno español apraza a reforma da ABAU un ano

Exámenes de ABAU en Compostela (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press).
O Ministerio de Educación e Formación Profesional trasladou esta decisión ás comunidades autónomas, coas que se reuniu de forma telemática esta quinta feira. Tamén o Ministerio de Universidades ten previsto trasladar a decisión ás universidades.

O Goberno español aprazará un ano a reforma da Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU), polo que non haberá cambios na proba de 2024.

O Ministerio de Educación e Formación Profesional trasladou esta decisión ás comunidades autónomas, coas que se reuniu de forma telemática esta quinta feira. Tamén o Ministerio de Universidades ten previsto trasladar a decisión ás universidades.

Aínda que o Departamento que dirixe Pilar Alegría deixou "completamente terminada" a tramitación do real decreto da nova proba de acceso á Universidade, o Goberno, ao estar en funcións, non pode aprobar a reforma en Consello de Ministros, segundo explicaron as mesmas fontes.

Para informar do aprazamento da nova ABAU, o secretario de Estado de Educación, José Manuel Bar, reuniuse con representantes das comunidades autónomas por videoconferencia. Ás 11.30 horas tivo lugar, tamén vía telemática, a reunión do Ministerio de Universidades con representantes da Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE).

Deste modo, o Executivo estatal decidiu manter a actual proba de acceso á Universidade e aprazar un ano o comezo do período transitorio do novo exame, que estaba previsto que comezará en 2024 para estar definitivamente implantado en 2028.

O Ministerio de Educación precisou que esta decisión débese a que a aprobación da norma "excedería as competencias dun Goberno en funcións, xerando confrontación coas Administracións autonómicas". Ademais, engade, atende á petición dun ano de moratoria por parte das instancias universitarias e "rebaixa a incerteza de docentes, alumnos e familias".

Debido á convocatoria anticipada de eleccións estatais, o Ministerio decidiu paralizar a aprobación do real decreto da nova proba de acceso á Universidade por "responsabilidade", ao entender que era "máis lóxico" que o sacase adiante o novo Goberno. Agora, debido a que o Goberno non pode aprobar o decreto ao estar en funcións, decidiu aprazar un ano a nova ABAU.

Mesmo modelo

Por tanto, a próxima proba de acceso á Universidade seguirá o mesmo modelo que a do curso anterior, cuxo real decreto estabelecía que cada unha das probas contén preguntas abertas e semiabertas que requirirán do alumnado capacidade de “pensamento crítico, reflexión e madurez”. Ademais destes tipos de preguntas, no modelo de ABAU actual pódense utilizar tamén preguntas de opción múltiple, sempre que en cada unha das probas a puntuación asignada ao total de preguntas abertas e semiabiertas alcance como mínimo 50%.

No modelo de proba actual, as preguntas de opción múltiple teñen "unha soa resposta correcta inequívoca e que non exixen construción por parte do alumnado, xa que este limitarase a elixir unha de entre as opcións propostas". Pola súa banda, as semiabiertas son preguntas "con resposta correcta inequívoca e que esixen construción por parte do alumnado", unha construción que "será breve, por exemplo, un número que dá resposta a un problema matemático, ou unha palabra que complete unha frase ou dea resposta a unha cuestión, sempre que non se facilite unha listaxe de posíbeis respostas".