O estudantado reclama que a UdC retire o título de Doutor Honoris Causa a José Luis Méndez

José Luís Méndez
Os Comités solicitaron no Consello de Goberno da Universidade da Coruña que se lle retire a distinción ao ex director xeral de Caixa Galicia pola súa responsabilidade no "esfarelamento do sector financeiro galego"

 

A organización estudantil Comités vén de solicitar no Consello de Goberno da Universidade da Coruña que se lle retire a Jose Luís Méndez López, ex director xeral de Caixa Galicia, o título de Doutor Honoris Causa que ten outorgado desde 2002 pola UdC. Desde os Comités lembran que xa se opuxeran ao seu nomeamento naquela

“Dez anos despois deste recoñecemento a José Luís Méndez e a vista do acontecido no ámbito financeiro fica claro que esta persoa representa absolutamente o contrario do que supón este recoñecemento” explica Ana Barxa. A Responsábel de Campus dos Comités na Coruña, acrecenta que o doutorado dade que honoris causa “é un recoñecemento da universidade a aquelas persoas que destacan polas súas acehgas ao desenvolvemento científico, cultural, económico e social do noso país”, condicións que en opinión da organización estudantil non se cumpren no caso de José Luís Méndez.

“Xubilacións millonarias para el, emprego das caixas en beneficio persoal e familiar e, pola contra, a Universidade da Coruña aínda mantén a súa distinción de Doutor Honoris Causa” denunciou Barxa quen exixiu a retirada da distinción “por xustiza e dignidade”. A Universidade da Coruña accedeu a analizar a solicitude formulada polos Comités.