O emérito vaise de Sanxenxo "moi contento" e afirma que volverá "pronto" á Galiza

O emérito esta segunda feira (Foto: Elena Fernández / Europa Press).
O ex monarca saíu con dirección Vigo onde o ex monarca collerá un voo no aeroporto de Peinador, a onde chegou a pasada cuarta feira nun voo privado procedente de Abu Dabi

O rei emérito, Juan Carlos I, abandonou a casa do seu amigo Pedro Campos, en Sanxenxo, "moi contento" e afirmou que volverá "pronto", tras cinco días de estancia na Galiza.

Así, durante a mañá desta terza feira o monarca saíu do inmóbel, dirección Vigo nun coche no cal ocupaba o asento do copiloto.

Desta forma, baixou o portelo e a preguntas dos medios sinalou que está "moi contento", que volverá "pronto" e deu as grazas "por axudar".

De volta a Abu Dabi

O coche saíu con dirección Vigo onde o ex monarca collerá un voo no aeroporto de Peinador, a onde chegou a pasada cuarta feira nun voo privado procedente de Abu Dabi que aterrou na Galicia xusto ás 14 horas.