A Xunta limita as xuntanzas en terraza a máximo de 10 persoas e estende obriga PCR a locais de lecer nocturno de toda Galiza

Limitará a 10 o grupo de persoas non conviventes que poden ocupar un espazo nas terrazas de hostalaría. No interior da hostalaría ese número será de 6.

Ademais, recoméndase que no ámbito xeral e privado se manteñan estes grupos: non máis de 10 no exterior e 6 no interior. Isto é, lembrou Comesaña, unha recomendación mais de seguir a empeorar a situación valorarase que sexa obrigatoria. 

Varias persoas nunha terraza en Sanxenxo (Imaxe: Beatriz Ciscar / Europa Press)
photo_camera Campaña de cribados na xente moza en Ourense. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
Comentarios