A Revolta Feminista

O #3MVouALugo

[Imaxe: @Galegas8M] Rolda de prensa en que se anunciou a manifestación

Este domingo, 3 de marzo, terá lugar en Lugo a manifestación nacional que quecerá motores de cara á folga do 8 de marzo. “Unha xornada para vivir xuntas, un día cheo de reivindicación, música e sororidade”, sinala a plataforma Galegas 8M.

Lugo será o epicentro do feminismo galego este domingo, día 3 de marzo, ao acoller a manifestación nacional previa ao Día Internacional da Muller Traballadora. A mobilización partirá ás 12 horas da Porta Falsa e percorrerá as rúas  Rolda da Muralla, Montevideo, Bolaño, Rivadeneira, Quiroga Ballesteros, Sto. Domingo, Rolda da Muralla, praza da Constitución e Anxo López Pérez antes de chegar á Horta do Seminario.

 

Prevese que a mobilización, que decorrerá co lema “Por todas as mulleres, por todos os dereitos, revolta feminista”, finalice coa lectura do manifesto ás 13.30 horas. Concertos e un xantar colectivo porán o ramo á xornada, na que se pide “ouvear contra o sistema patriarcal”. Festexando que o feminismo é o camiño, a plataforma Galegas 8M concibe a xornada do domingo como “un día cheo de reivindicación, música e sororidade”.+

 

Papel dos homes na manifestación

 

O colectivo explica que "as mulleres somos as artífices e suxeitos políticos destas mobilizacións. O protagonismo da manifestación é para o feminismo e as organizacións de mulleres". De aí que empracen os homes que acudan a facelo "en papel de aliados e non de protagonistas". Ínstanos a non ir nas faixas nin a portar altofalantes. "Que os homes tentedes liderar e ser protagonistas nunha folga de mulleres é outro modo de violencia que imos rexeitar; o voso papel é secundario e ten que ser asumido sen estridencias", sinala a plataforma.

 

Autobuses

 

Para facilitar o deslocamento a Lugo, existe servizo de autobuses que partirán das seguintes vilas:


A Coruña
Contacto: acorunha3m@gmail.com | 981169293 | 981900633
Recollida bonos de transporte > Local da CIG na Coruña (Avd Alfonso Molina s/n 6º andar, en horario: de 9:30 a 13.30 e de 16:30 a 20:00, de segunda a sexta feira) | Bar La Campana (Rúa Torreiro 12, baixo, quintas, sábados e domingos de 17:00 a 00:00).

A Estrada
Contacto: cfeministadezatabeiros@gmail.com | cim@aestrada.es
Reservas: Nobelo a Nobelo (R/Galerías 2000, A Estrada) ou cim@aestrada.es
Saída: 9:30 Estación de Autobuses.
Volta: 16:30 Pavillón Vello, Lugo
Bus gratuito do Concello. É preciso reservar praza.

A Mariña
Viveiro | Burela | Ribadeo
Contacto:  699191904

Betanzos
Saída: 10:30. 
Contacto e reservas: do 26/02 ao 01/03 nas oficinas de Servizos Sociais (Praza do Emigrante 3ºD) de 9:00 a 14:00 | Por teléfono (981 77 07 07). As prazas son limitadas por estrita orde de inscrición.

Chantada
Contacto: polamiuda@gmail.com | 680722322 Saída: 10:30 Volta: 18:00h

Ferrol
Ruta e paradas: Narón, Ferrol, Caranza, Fene, Vilar de Colo, San Sadurniño, As Pontes.
Contacto: transporteferrol@gmail.com | 981358750
Recollida de bonos de transporte: 
En Ferrol: Papelería Dar (R/ Naturista López Seoane 21-23) | Libraría Galiano (R/ Galiano 15) | Café Cultural Maltés (R/ María 206) | CCOO Ferrol (R/ María 42) | CIG Ferrol (R/ Eduardo Pondal 41-43).
Nas Pontes: LIbraría Letras (Avd da Habana 112) | Herboristería Saúde (Avd da Habana 18).
En San Sadurniño: por teléfono no 607 724 980.

Lalín
Saída: Praza de Galiza (diante do Concello), 10:00h. Contacto e reservas: até o 1 de marzo na Oficina de Igualdade de Lalín  (Praza de Galiza 1) | Tfnos: 986 18 10 45 ou 986787060 | Mail: igualdade@lalin.gal

Monforte
Contacto: 625 350 233 | 600 066 951
Saída: Parque dos Condes, 10h
Volta: 16:30.

Ortegal
Contacto: 677 292 297
Saída: 10:00, Estación de Tren de Ortigueira. 
Volta: 17:30.

Ourense – Allariz
Contacto: galegas8mou@gmail.com
Saída: Alameda (Ourense) 09:30h.
Recollida de bonos de transporte (7.5€/persoa).
En Ourense > Tetería Grándola (Praza de san Marcial, 629352269) | Xeracción S.Coop (R/ Moratín, 2)
En Allariz > Libraría Aira das letras (Emilia Pardo Bazán 5, baixo).

Ribeira
Contacto: Rabudas en Loita (mensaxe privada en Twitter Facebook) ou mulleresenaccion@gmail.com. 
Paradas e horarios: Saída 9:30 Estación Autobuses de Ribeira. Paradas en Pobra e Boiro.
Volta: 17h.

Santiago de Compostela
Contacto: compostelatransporte@gmail.com
Recollida de bonos de transporte: Local da CIG (R/ Miguel Ferro Caaveiro, 10) | Libraría de Mulleres A Lila de Lilith (Rúa Travesa 7) | Gentalha do Pichel (Rúa do Espírito Santo 21).

Pontevedra
Liña de autobús xestionada polo Concello
Contacto e reservas: presencialmente no CIM de Pontevedra (Praza José Martí 3º), de segunda a sexta de 09.00 a 14,00 horas | Por mail, escribindo a igualdade@pontevedra.eu cos seguintes datos: Nome e apelidos, DNI, enderezo, idade, teléfono e correo electrónico.
Horarios e paradas: 8:30, Capela de San Roque > 8:45 no Mercado de Abastos. 
Volta: 16h

Vedra
Contacto: berenguelasociacion@gmail.com | 646153179
Saída: 08:00 fronte ao Concello. 
Paradas: Boqueixón 8:20 > Touro 8:50 > Arzúa 9:30 (recollida fronte os Concellos de cada localidade).
Volta: 18.30 (mesmas paradas).

Vigo
Contacto: 665 808 404 (Mª Luz).
Recollida bonos de transporte > Casa das Mulleres (Romil 20, de segunda a sexta de 17.30 a 21:30 hs) | Local da CIG (Gregorio Espiño 47, de 10h a 13h e de 16.30h a 20h).

Vilagarcía
Contacto: galegas8msalnes@gmail.com
Saída: Zona TIR

Vilalba
Contacto: 646 845 949 | 630 031 864
Saída: Biblioteca Municipal de Vilalba. 10.30h
Prezo: 5€