Nunca Máis maniféstase contra a impunidade esta terza

O 16 de outubro comezará o macro-xuízo polo caso do Prestige. Co gallo da súa celebración a Plataforma Nunca Máis convoca unha concentración na Coruña.

Após dez anos da maior catástrofe ecolóxica sufrida no país, ExpoCoruña acollerá o xuízo contra algúns dos responsábeis daquela traxedia. Máis de dúas mil persoas están chamadas a se presentar perante a maxistratura, entre eles, o ex-director da Mariña Mercante, López Sors.

A Plataforma Nunca Máis, xurdida como resposta social contra a inoperancia e o desleixo institucional padecido polo pobo galego nalquera altura, sairá máis unha vez á rúa para reclamar xustiza e dignididade baixo o lema 'Nunca Máis impunidade'. A concentración terá lugar ás 11.00h no recinto feiral ExpoCoruña –no que decorrerá o xuízo--
Nunca Máis quere recuperar a memoria após dez anos da catástrofe e ao mesmo tempo dar a voz de alarma “porque outro desastre é posíbel”, aseguraban membros da plataforma na conferencia de prensa na que anunciaban a convocatoria. Despois dunha década da maré negra do Prestige, mariñeir@s e confrarías seguen a denunciar a falta de medios e de plans de continxencia que puidesen facer fronte a catástrofes semellantes. Porén, agardan que o xuízo depure responsabilidades sobre o acontecido.