Novo planeta: Confirman a existencia dunha "súper-Terra" na zona de habitabilidade dunha estrela similar ao Sol

HD 20794 d é unha súper-Terra cunha masa de seis veces á da Terra e que tarda 647 días en completar unha órbita á súa estrela, 40 días menos que Marte. Esta órbita sitúao na zona de habitabilidade do sistema, é dicir, á distancia adecuada da súa estrela para manter auga líquida na súa superficie, un dos ingredientes chave para a vida tal como a coñecemos.

Recreación do planeta HD 20794 d e a súa órbita. (Foto: Gabriel Pérez (IAC))
Recreación do planeta HD 20794 d e a súa órbita. (Foto: Gabriel Pérez (IAC))
Comentarios