Un novo falecemento centra as críticas sobre a atención aos maiores na residencia DomusVi de Monforte

Na madrugada desta quinta feira, 15 de abril, falecía un residente logo das alertas dadas pola familia sobre o rápido deterioro que padeceu desde o seu ingreso na residencia DomusVi de Monforte e despois de pediren que fose enviado a un hospital. O caso recorda ao de Carmen Barreiro, que saíu de DomusVi Monforte após dous meses de estadía con síntomas de desnutrición e con úlceras de importantes dimensións en varias partes do corpo.

(Foto: Twitter de Paulino Campos)
photo_camera Lesións no pé do residente falecido (Foto: Twitter de Paulino Campos)
Comentarios