Covid-19: 17 positivos na área sanitaria da Coruña relacionados cun ximnasio en Arteixo

(Foto: Europa Press)
Son positivos asociados ao rastreXo realizado despois do positivo dun usuario das instalacións. 

“O seguimento dos contactos realizado pola Área Sanitaria de A Coruña e Cee dun caso de COVID-19 diagnosticado a un usuario dun ximnasio na localidade de Meicende, deu lugar a detección de 17 casos mais, xa illados e en seguimento domiciliario”, indican desde o Sergas.

Estas 17 persoas están illadas nos seus domicilios mentres  se amplía o círculo de contactos para intentar detectar novos contaxios.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus na Galiza é de 260.

Deles 76 son da área da Coruña (5 máis), 80 da de Lugo, 7 da de Ourense (1 máis), 23 da de Pontevedra (3 máis), 49 da área de Vigo (-1), 23 da de Santiago (+2), e 2 da de Ferrol (+1).