Novas caravanas na Mariña en protesta pola supresión da área sanitaria 

Caravana protesta na Mariña do pasado sábado (Foto:CIG)

Centos de vehículos participaron da manifestación que comezou nos municipios de Xove, Mondoñedo e Barreiros e finalizou nos de San Cibrao, O Valadouro e Foz, respectivamente, contra a reforma da lei de saúde.

Os concellos da Mariña volveron mostrar a mañá deste sábado a súa oposición á reforma da lei de saúde que suprimirá a súa área sanitaria, xunto as de Monforte, O Barco e O Salnés, para centralizar a atención. Centos de vehículos en tres caravanas participaron da manifestación contra unha medida que consideran "afastará os servizos sanitarios" á veciñanza da comarca.

 

A nova protesta, despois da concentración do pasado sábado, partiu de forma simultánea dos municipios Xove, Mondoñedo e Barreiros, para finalizar nos de San Cibrao, O Valadouro e Foz, respectivamente. Ao remate, realizaron nestas últimas localidades concentracións nos centros de saúde.

 

Segundo o Plataforma na Defensa dá Sanidade Pública da Mariña, Víctor Vila, cuestionou os argumentos para baleirar e centralizar os servizos e competencias das área sanitarias comarcais. Así, asegurou que suporá para os veciños e veciñas "moitos máis desprazamentos" ao Hospital Universitario Lucus Augusti, en Lugo para recibir atención médica, segundo declaracións recollida pola axencia Europa Press.

 

Sinalou como exemplo o Hospital da Costa, onde desde hai ano e medio “non se implantan marcapasos o que significa que para cambiar unha simple pila, os pacientes teñan que desprazarse até Lugo". Vila foi un paso máis alá e advertiu de que o obxectivo real que esconde a reforma é “pór no mesmo plano a sanidade privada e a pública". Perto de 80.000 persoas adscritas á área sanitaria da Mariña están afectadas pola medida.

 

Por outro banda, na protesta do persoal do Hospital da Costa participou a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, que volveu a criticar a “contrarreforma” sanitaria do PP, a quen acusou de ter como única preocupación “desmantelar a sanidade pública a favor de intereses privados que pretenden facer negocio coa saúde das persoas”.