Nova protesta contra a xestión da residencia DomusVi de Cangas

Marcha da asociación Vellez Digna en Cangas (Nós Diario)

Demandan explicacións sobre a situación do centro d e maiores e explicacións sobre o que aconteceu durante a pandemia.

A asociación Vellez Digna de familiares e usuarias de residencias realizou este domingo pola mañá unha nova mobilización polas rúas de Cangas para denunciar

“Queremos que nos dean explicacións e corrixan a situación da residencia de DomusVi en Aldán”, aseguraba a Nós Diario Xosé Bernárdez, presidente da asociación e membro da federación de familiares de persoas usuarias de residencias e dependencia, a REDE.

A entidade segue agardando respostas pola morte de 38 residentes dese centro de maiores. Aseguran que seguirán loitando “por saber a verdade” nun dos primeiros casos graves que a pandemia da Covid-19 protagonizou nestas instalacións.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Número 3 de Cangas abriu dilixencias penais previas no mes de xullo tras unha querela presentada polas fillas de dúas usuarias contra a conselleira delegada de DomusVi España, Xosefina Fernández, a directora da residencia de Aldán, e dous altos cargos da Xunta: a xefa de Inspección de Maiores e Discapacidade, Berta Bicada, e o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de Cámpaa.

Mobilización no Morrazo e en Compostela

As mobilizacións deste colectivo teñen lugar no Morrazo, como a que realizaron o día 2 de agosto en Moaña diante da casa do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, mais tamén protestaron en Compostela como fixeron o pasado 27 de setembro.  

Ademais, desde REDE teñen denunciado en máis dunha ocasión a mala calidade destas residencias, achegando testemuñas como no caso do centro DomusVi de Barreiros en Vigo.

As residencias de maiores seguen a ser un dos focos de contaxios máis importantes desta pandemia da Covid-19 na Galiza. Segundo os datos facilitados pola Consellaría de Política Social, hai a día de hoxe 424 casos activos nestes centros.