“Se as nosas crianzas perden, Cangas perde”: máis mobilizacións contra os recortes no ensino

Denuncian as tesoiradas en persoal e medios.

O verán está a ser tempo de mobilización en certos concellos galegos, quer contra os recortes na sanidade, quer contra os recortes no ensino ou quer contra ambos os dous.

Unha das últimas mobilizacións decorreu en Cangas, para protestar contra as tesoiradas que can afectar varios centros de ensino no concello para o curso 2021/22. A veciñanza concentrouse na tardiña desta sexta feira para pedir persoal e medios para a educación. “Se as nosas crianzas perden, Cangas perde”, como afirmaba o manifesto.

Para este novo curso 2021/2022, os centros están a recibir diferentes comunicados onde se lles suprime docentes que foran contratados durante o curso 2020/2021 e mesmo empeoraron a súa situación a antes da pandemia

“Para este novo curso 2021/2022, os centros están a recibir diferentes comunicados onde se lles suprime docentes que foran contratados durante o curso 2020/2021 e mesmo empeoraron a súa situación a antes da pandemia, afectando a reorganización das súas cadros de persoal e minguando a impartición de materias optativas ou a supresión de mestres en diferentes departamentos”, sinálase no escrito.

“Considérase que non é xusto os recortes de profesores e profesoras e tampouco as figuras de orientadores/as que faciliten os recursos e métodos necesarios que garantan unha educación de calidade, evitando o fracaso escolar e o abandono temperá”, apuntaba o manifesto.