vídeo no interior

"Se non me defendo, non me protexes": a 'viral' canción de MJ Pérez contra Altri

A canción de MJ Pérez. (Foto: @chamanmeMJ)
"En serio imos xogar co noso entorno, futuro e saúde por catro pesos?", cuestiónase a artista.

"En serio imos xogar co noso entorno, futuro e saúde por catro pesos? Os que o defenden, están dispostos a vir respirar este aire? 'Altri, Non', que non nos tomen por parvos!". Con esta mensaxe presenta a artista MJ Pérez nas súas redes sociais o tema que vén de compoñer contra o proxecto que a multinacional Altri pretende erguer na Ulloa.

A cantante fala no seu tema, que xa empezou a facerse viral, do "espolio" que afirma que pretende cometer Altri na comarca porque "no país veciño non a queren". "Contamíname", canta MJ Pérez, con retranca.