Violencia machista

Noelia Míguez relata o intento de feminicidio ao que sobreviviu: "Teño que aproveitar que estou viva para protestar por todas"

"Fun unha vítima da violencia de xénero, pero hoxe son unha sobrevivente e podo falar por todas as que xa non están". Noelia Míguez, autora de 'Ocho señales. Cuestión de vida o muerte' (Editorial Meraki), presentou esta terza feira en Compostela da man da Marcha Mundial das Mulleres o seu libro, un volume que asina xunto a Patricia Calveiro, no que rememora unha historia real de violencia machista. A súa.
Noelia Míguez e Patricia Calveiro esta terza feira en Compostela, na presentación do libro. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Noelia Míguez e Patricia Calveiro esta terza feira en Compostela, na presentación do libro. (Foto: Nós Diario)
Comentarios