O PSdeG volveu honrar a figura de Castelao

25-X: PSdeG apela a un "galeguismo" para unha Galiza "na que cabemos todos"

Acto do PSdeG en Rianxo polo Día da Patria (Foto: PSdeG)
Os socialistas volveron a organizar o acto polo 25 de xullo en Rianxo. 

O PSdeG elixiu a vila de Rianxo para pasar esta xornada do Día da Patria. Nun acto no que o secretario xeral do partido na Galiza, Gonzalo Caballero, e representantes socialistas realizaron ao pé do busto deste ilustre galeguista unha ofrenda floral.

Gonzalo Caballero defendeu no acto, realizado ao pé do Pai do Nacionalismo, no 25 de xullo como unha data “para pensar na Galiza “que queremos construír no futuro”.

O líder socialista situou o “galeguismo e socialismo” como as “dúas patas para un novo rexurdir de Galiza no que cabemos todos”. Unha galiza que, engadiu, "é a nosa terra, a nosa paixón, o noso compromiso".

A seguir, incidiu en que fica un “traballo intenso para comezar a construír unha Galiza de futuro, de ilusión e de paixón”.

"Galiza é a nosa causa e o noso obxectivo", aseverou antes de apelar a "seguir construíndo unha Galicia mellor". "Imos cumprir con Galiza, cunha Galizaque aspira a mellorar e que non quere seguir á cola", incidiu Gonzalo Caballero que puxo o acento en que o partido ten "as portas abertas" para quen "non se resigna a que Galiza  languidezca".