Os Ninguéns alerta en Vigo de que "as luces de Nadal non agochan a emerxencia social" polo aumento das persoas sen fogar

O colectivo denuncia que cada vez son máis os veciños e as veciñas que dormen en plena rúa ou en condicións indignas, en naves abandonadas, ruínas ou infravivendas. Calculan que máis dun cento de persoas sobreviven hoxe sen fogar en Vigo, moitas delas con problemas de saúde mental ou adiccións "sen apoio sanitario nin social suficiente".

Mobilización polos dereitos das persoas en situación de pobreza, este 13 de novembro en Vigo. (Foto: Nós Diario)
Mobilización polos dereitos das persoas en situación de pobreza, este 13 de novembro en Vigo. (Foto: Nós Diario)
Comentarios