Neste nº 26 de Sermos Galiza...

O rural e os problemas co leite centran as primeiras páxinas do último número de novembro. Falamos do choque coa xustiza do decreto da lingua, da investidura de Feijóo e analizamos os resultados das eleccións en Catalunya

 

Neste novo número de Sermos Galiza tratamos a extorsión e o desleixo que baten no sector lácteo galego. O sector reclama solucións para as 5.000 explotacións e estas non chegan. Entrevistamos ao economista italiano Luciano Vasapollo para que nos fale da crise e o modelo capitalista. Relatamos como foi o primeiro debate de Feijóo no parlamento e na crónica política o anuncio d@s nov@s conselleir@s. 

En economía comentamos o novo sistema de bonificación ao naval por parte de Bruxelas e o mapa enerxético galego. Seguimos a folga de fame contra a represión sindical e tratamos as taxas xudiciais co exemplo do decreto da lingua. Os problemas coa xustiza deste decreto e as consecuencias da crise nas persoas con discapacidade centran as páxinas de social. Nas páxinas centrais falamos da loita obreira das mulleres da conserva e en internacional debullamos os resultados electorais en Catalunya.

En memoria lembramos @s mártires de Sobredo e en cultura damos a coñecer á asociación “O Sorriso de Daniel”, Premio da Crítica 2012. A entrevista de cultura é para nov@s escritir@s con María Rosendo, Berta Dávila e Samuel L. Paris.
Neste número viaxamos ao Courel, visitamos as xornadas de deseño “Debut” e Okapi fala das novas aventuras dos Bolechas. Na contra unha entrevista moi especial: Carlos Callón.