Neste nº 24 de Sermos Galiza...

Falamos de como foi o 14N en Galiza e analizamos o inicio da nova lexislatura no Parlamento galego. Entrevistas a Xosé Manuel Beiras e Quico Cadaval ademais de preguntármonos sobre como nos rouban as entidades financeiras. Lembramos o Comandante Moreno e o Batallón Galiza ademais de tratar no rico panorama das bandas de música.

 

Saido do forno un novo número do Sermos Galiza en papel, o 24. Na análise a fondo debullamos o impacto da Folga Xeral na Galiza, un 14N no que o país ergueu a voz no clamor europeo contra a austeridade. Na sección de política analizamos o arranque da nova lexislatura no Parlamento galego. Dámosche todas as claves. E botamos un ollo ao xuizo do Prestige, co que che contan nos medios e co que non. 

A realidade dos inmigrantes na Galiza en plena crise. Unha reportaxe para prerguntármonos sobre todas as realidades que existen neste país. Sabías que a banca incrementou as comisións á clientela nun 60% desde inicio da crise? Así nos rouban as entidades financeiras. Tralo drama dos desafiuzamentos: Negocio da banca e consentimento do poder político. E na sección de internacional, achegámoste a realidade do bloqueo a Cuba e alertamos do avanzo da extrema dereita en Europa.

Esta sexta no teu quiosque. Falamos das débedas do fútbol estoupan en Riazor. Batallón Galiza. De cando @s anarquistas galeg@s combateron ao fascismo e foron torturados e asasinados por levar un mundo novo nos corazóns. E Xosé Manuel Beiras fala para tod@s nós neste Sermos Galiza nunha entrevista: "Podemos levar unha nova cultura política ao Parlamento". En Cultura adentrámonos no rico mapa das bandas de música da Galiza, un patrimonio en pleno fervello que inza o país de norte a sur. En Andar a Terra visitamos e namorámonos do Courel da man do Grupo Xea.

A través do papel, coñecer as marabillas do país. "O público que vai de balde ao teatro, non ten dereito a nada". Quico Cadaval, sen pelos na língua, fala nunha entrevista para Sermos Galiza. E Okapi abrenos as portas das actividades para crianzas nos museos galegos. Todo un mundo por descubrir e por gozar. Na contraportada deste número 24 do Sermos Galiza falamos con Alexandre Cendán, apicultor.