Os neonazis tentan organizarse entre o estudantado galego a través de Respuesta Estudiantil

A organización fascista que gosta de se ver como anti-sistema procura desde finais de 2012 crear unha estrutura estábel en Galiza sobre todo na área de Pontevedra.

O seu nome é Respuesta estudiantil. Unha organización de estudantes na que se mistura o discurso antisistema e neofascista español co nazismo de linguaxe renovada e a aposta pola axitación e propaganda. Na liña do que gostan de se chamar a si propios nacional-revolucionarios. Unha organización que bebe até no estético do grupo estudantil neofascista italiano Bloco Estudentesco e mesmo das Bases Autónomas españolas dos 80. Xa están en Galiza, sobre todo na área de Pontevedra. Recoñecen nas redes sociais que “son muchos los problemas que se nos presentan en Galicia, pero eso no impedirá encontrar soluciones reales para atajarlos”. Entre os seus inimigos, a esquerda e, sobre todo, o nacionalismo galego.

No ataque ao centro social A Revira, de Pontevedra, apareceron símbolos que se vencellan a esta organización

A finais de 2012 comezaron a se implantar en Galiza. Desde entón, pintadas, faixas penduradas, conentracións máis que minoritarias (non cifran en máis de 20 persoas as que logran reunir)... Mais tamén hai quen os relaciona con outras accións, como os ataques ao centro social A Revira, de Pontevedra.

Apostan en tirar tallada da carraxe a cabreo que os recortes e leis como a de Wert causan no mundo estudiantil. Presumen de anti-isistema e fan da palabra de orde 'El mañana es nuestro' a súa mensaxe de combate. Entre as actividades que fan están os encontros de convivencia, como a celebración do 'Solsticio' nos Ancares, onde se reúnen con neo-ascistas doutros territorios do Estado (León, Castela...).